Imprimir
|
Ampliar
Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
Ao fondo aparece a casa de Drogas. As columnas que aparecen a dereita correspóndense coa idea orixinal de facer un soportal nese lado da igrexa. Na procesión: Suso da Madrileña e de Pepe de Rosende, do Hortovello, co cirio da esquerda; Pepe de Albina, da Pértega, coa cruz; Balbino do Barbeiro, do Hortovello, co outro cirio; e José do Abelleiro (?), de Val, co incensario. Detrás: don Mariano Vega Mestre, bispo da diocese, bendecindo; Xusto Moirón; don Antonio Prieto Quintana, crego da parroquia; e outro crego que non coñecemos
As Rodrigas, 1956
Etiquetas: Bendición
Arquivo: Xusto Moirón